Preséntase o Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España
Co gallo do Día da Internet Segura, celebrado onte, o ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital inaugurou IS4K, portal de promoción do uso seguro da Internet: obxectivo desta iniciativa conxunta: “Promover o uso seguro e responsábel en Internet e as novas tecnoloxías entre os menores e a súa contorna”. Trátase, como explicou o ministro Nadal, dun recurso público que “axudará a ampliar os dereitos dos cidadáns, especialmente dos cidadáns máis desprotexidos que son os menores de idade”. Nadal lembrou, para facernos unha idea dos riscos aos que nos enfrontamos, que en España o 95,2% dos menores de idade son internautas habituais e o 70% dispón de teléfono móbil propio.
IS4K está liderado e coordinado por SESIAD (Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital), con apoio de Red.es, e executa os seus servizos a través do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade), en colaboración con outras entidades de referencia. En liña coa estratexia Europea BIK (Better Internet for Kids), forma parte da rede paneuropea INSAFE de Centros de Seguranza na Internet y está cofinanciado pola Comisión Europea.
Dispoñible só en español e inglés: