Participa en Ponteciencia 2021
Unha nova edición está en marcha. Este ano volvemos cunha nova oportunidade de ser parte de Ponteciencia; queremos animarvos a participar porque xa estamos traballando en Pontenciencia 2021 e gustaríanos que como cada ano participaran as familias na feira presentando unha/s investigación/s.
Nesta edición do 2021, temos novidades, a primeira é que a feria celebrarase en tódolos centros participantes e desprazarase o xurado ao centro para escoitar as investigacións salvo no caso das familias, que será coma sempre na EU de Forestais.
Pontenciencia en familia!
Sábado 5 xuño
Para iso, montaremos stands coma sempre aínda que máis separadiños.
E a segunda novidade é que non haberá presentacións presenciais dos proxectos ao público, o día 5 de xuño unha vez que as familias presenten as investigacións ao xurado entregaranse os diplomas de participación e premios nun acto só con representantes dos centros participantes e as familias. Menos xente, máis separada con todas as medidas de seguridade fronte a Covid pero con moitas máis gañas e ilusión.
Os detalles comentarémolos máis adiante, agora toca animarvos a participar.
Por iso, achegámosvos información sobre os obradoiros informativos para as familias dos alumnos e alumnas de primaria que imos celebrar.
Podedes elixir entre unha sesión nestas datas:
-mércores 24 de febreiro as 17:00h ou as 18:30h
-venres 26 de febreiro as 17:00h ou as 18:30h
-sábado 27 de febreiro as 10:30h ou as 12:00h
-luns 1 de marzo as 17:30h ou as 19:00h
-xoves 4 de marzo as 18:00h ou as 19:30h
no Espazo Arroelo r/Michelena 11/3º Concello de Pontevedra.
Podedes inscribirvos neste correo, en educacion@pontevedra.eu ou por teléfono 606 128 293
No caso de que non poidades asistir e esteades interesados avisádenos e comentaremos a mellor solución posible.
E a ficha de inscrición previa para participar como familia
Debe estar conectado para enviar un comentario.