Obradoiros do Entroido 2021
Datas, horario e lugar de realización: 15 e 16 de febreiro na oficina de FANPA (R/Xan Guillermo 9).
Jumping Clay os días 15 e 16 de 10:30 a 12:00 h.
Máscaras os días 15 e 16 de 12:15 a 13:15 h.
Destinatarios: menores a partir dos 6 anos.
Prezo: 3,5 euros por neno e día para socios de ANPA federada na FANPA. 6 euros para os demais casos.
Inscricións: nas oficinas de FANPA ata o día 12 de febreiro. Pago en efectivo.
Os grupos serán reducidos, mantendo o protocolo COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara durante toda a actividade.
OBRADOIRO JUMPING CLAY: Realizarán unha figura por día, con temática relacionada co entroido.
OBRADOIROS MÁSCARAS VENECIANAS: Realizarán coas súas mans unha máscara por día.