O acoso escolar en Pontevedra é de carácter verbal, sucede na aula e en tres de cada catro casos o colexio non actúa de oficio
Sobre un total de 313 respostas, os resultados de deita a enquisa sobre acoso escolar no ámbito desta federación provincial teñen algúns elementos relevantes. O acoso afecta a unha parte substancial da comunidade aínda que adoita ser un problema temporal do que os pais nunca son informados polo Centro ou os profesores titores.
Máis en detalle, nos centros públicos, non é un problema descoñecido nin polos propios alumnos nin polos pais.
A incidencia do acoso escolar abala entre case un 40 % que di coñecer casos, aínda que a maioría nunca o sufriron fronte a un 20% que si que recoñecen telo sufrido momentaneamente. As nais e pais consideran que se os seus fillos acosasen a outros compañeiros consideraríano como un problema educativo grave.
A natureza do acoso escolar é basicamente verbal, moi minoritariamente de carácter físico, exercido só por un agresor ou un grupo moi reducido de persoas que están no mesmo nivel, ámbito e espazo do alumno agredido, é dicir, por compañeiros directos.
Para poder actuar, cando xa se produce o caso, primeiro hai que detectalo polo que resulta relevante saber como é que as nais e pais chegan a saber do problema: ninguén recibe información directamente do centro de modo que as noticias chegan ben directamente só dos menores, ben dos que o sofren, ben a través doutros compañeiros.
A valoración das nais e pais sobre as consecuencias que perciben nos seus fillos son importantes, basicamente emocionais e sociais pero tamén teñen repercusións académicas, entendéndose que produce un baixón no interese ou rendemento. Non obstante, os centros escasamente actúan de oficio, deixando que os pais teñan que facer a petición expresa de intervención, mesmo tendo que repetila para que a atendan.
Respecto das medidas, protocolos que debería ter ou executar o Centro, os pais declaran un índice de insatisfacción bastante claro, que se revela claramente nos casos de falta de información
No aspecto da prevención, valórase que as medidas do Centro son descoñecidas polos pais:
Non podemos pechar este artigo sen agradecer a alta participación rexistrada que nos axuda a todos a reflexionar sobre as realidades do noso sistema educativo con máis probabilidade de acertar. Os datos son datos.
Grazas!
FANPA
Debe estar conectado para enviar un comentario.