Memoria de Elefanta
O programa de Memoria Histórica para a mocidade do Concello de Pontevedra, MEMORIA DE ELEFANTA abre páxina dentro da súa programación para achegarse á creación musical e composición escrita da man de Artecalavera e Estudo Bonobo!

Achégate a coñecer as túas capacidades compositivas e…
- Aprende a manexar controladores de software de composición musical.
- Deseña e crea música cos teus compañeiros e compañeiras baseándote nos teus gustos e influencias musicais.
- Crea unha letra de forma colectiva mostrando unha visión crítica da realidade que coñecemos a través do proxecto.
- Publica o resultado para que todo o mundo coñeza o talento que temos na nosa cidade.
Poden verse as cancións e videoclips da 1ª, 2ª e 3ª edición nestas ligazóns:
1ª edición
https://youtu.be/Iikm1K8kUIM?feature=shared
2ª edición
https://youtu.be/8SageJ4QmJE?si=OIwNceBt-7bmIian
3ª edición
https://youtu.be/Z0ae-AmsPyI?si=XTVrjdauDWfKubNn
Non o dubides, participa e amosa a túa creatividade porque a música FAI MEMORIA!
Datas:
.- VENRES 2 de outubro (1h pola tarde).
.- SÁBADOS 3 e 17 de outubro (pola mañá).
.- SÁBADO 7 de novembro (todo o día).
Lugar: ESTUDO BONOBO
ACTIVIDADE GRATUITA
Bule! Que as prazas son limitadas!
Tes ata o 30 de setembro para anotarte!
Comentarios0