IX Edición do Certame de Relato Curto
A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza o IX Certame de Relato Curto para a provincia de Pontevedra. Este certame está especialmente enfocado á participación familiar pois hai tanto categorías para os e as rapazas como para pais, na de adultos. Ao final, coma nas pasadas edicións publicaremos un libro cos 120 relatos gañadores e finalistas. A prestixiosa editorial Kalandraka é a encargada da edición en soporte libro.
Os principais obxectivos son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega nas familias, facilitar as posibilidades de publicación aos mozos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as e crear un espazo común e familiar para a creación literaria.
Agradecemos que lle deades a máxima difusión polos medios que consideredes máis efectivos para que chegue a todo o alumnado e ás súas familias.
Esta edición ten características especiais, xa que recolle o legado da VIII, a do ano 2020, que tivemos que suspender pola pandemia e así este ano, como se recolle nas bases, imos permitir que se volvan enviar os relatos que xa se presentaran daquela; so terán que volvelos remitir nesta nova edición.
Engadimos unha copia das bases e a ligazón ao web do Certame, onde se atopa o formulario que se debe utilizar para enviar os relatos participantes:
http://certame.nontedurmas.org
O prazo para recibir a vosa participación nunha nova edición, a novena, do certame literario de relato curto da FANPA está aberto ata o día 10 de abril.
O padriño desta edición é o escritor Manuel Lorenzo González, autor de numerosas obras de distintos xéneros: libros de relatos, novelas, teatro, literatura infantil e xuvenil, libros de texto…
As bases do certame e o seguimento do calendario de entrega así como os relatos premiados e o libro publicado de cada edición das anteriores están dispoñibles no web específico do IX Certame:
http://blogs.nontedurmas.org/certame/
Como ilustrador desta edición saudamos a composición orixinal do debuxante Manuel Figueiras para a edición do cartel que servirá para para promocionar a participación nesta IX Edición.
Debe estar conectado para enviar un comentario.