FANPA Nadal 2025-2026
Programa en colaboración co
Nota do 11 de decembro: non quedan prazas para os obradoiros de cociña do día 22 de decembro.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será pola modalidade á que os/as solicitantes pertenzan no caso das ludotecas e por orde de inscrición nos obradoiros. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade ou ludoteca, a FANPA poderá eliminala e devolverá o seu importe íntegro na oficina da FANPA.
Prazo de inscrición: Do 9 ao 15 de decembro de 2025. Non se admiten inscricións antes da data de inicio
– LUDONADAL: a inscrición será telemática na web nontedurmas.org ou presencialmente, adxuntando a ficha totalmente cuberta, o xustificante de pago, ou pago con tarxeta bancaria e o xustificante de ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
– OBRADOIROS DE NADAL: A inscrición faranse no local da FANPA de 9 a 14 horas, o pago será en efectivo ou mediante tarxeta bancaria. Ou mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, enviando ficha cuberta e xustificante bancario de pago.
O ingreso farase no número de conta de
ABANCA: ES57 2080 5403 4030 4010 2986
(concepto: Nome do/a participante).
LUDOTECA DE NADAL
LUDONADAL (nenos/as de 3 a 12 anos)
Lugar de realización: CEPCampolongo e CEIP Manuel Vidal Portela.
Datas de realización: 22,23,24,26,29,30 e 31 de decembro de 2025 e os días 2,5 e 7 de xaneiro de 2026.
Horario: 9:00 – 14:00 horas.
Prezo: 30€ socios/as de ANPA federada na FANPA, 35€ non socios/as de ANPA federada na FANPA e 40€ os de privado, concertado e demais casos.
*Haberá 1 monitor de NNEE por cada 5 usuarios con NNEE. As NNEE serán acreditadas documentalmente no momento da inscrición.
OBRADOIROS POR DÍAS:
COCIÑA EN NADAL (nenos/as de 5 a 12 anos)
Farán unha receita diferente cada día cunha temática navideña.
Lugar de realización: FANPA
Datas de realización: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.
Horarios: 10:30 – 11:45 horas.
Prezo por día e obradoiro: 4€ socios/as de ANPA federada na FANPA e 7€ non socios/as e demais casos.
MANUALIDAES DE NADAL (nenos/as de 5 a 12 anos)
Elaborarán un adorno artesanal diferente cada día, de distintas cores, formas e tamaños, para decorar o teu nadal.
Lugar de realización: FANPA.
Datas de realización: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.
Horario: 12:00 – 13:30 horas.
Prezo por día e obradoiro: 4€ socios/as de ANPA federada na FANPA e 7€ non socios/as e demais casos.
Escolla a Ficha que corresponda: Ludoteca/Obradoiros




Debe estar conectado para enviar un comentario.