Escola de lectura para familias curiosas

Esta iniciativa novidosa en colaboración da FANPA co Concello de Pontevedra e o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, está dirixida á participación de familias, unha iniciativa para pais e nais, avós e avoas… que teñan interese en facer do libro e a lectura un punto
de encontro, de apego e de lecer en familia.

OBXECTIVOS DA INICIATIVA:

• Dar recomendacións para que as nosas fillas e fillos teñan hábito lector e dar pautas para converterse en familias comprometidas coa lectura.
• Coñecer e asesorar sobre libros interesantes e atractivos tendo en conta os grupos de idade e prestando especial atención á produción editorial galega
• Coñecer libros axeitados que nos axuden a resolver conflitos, coñecer o mundo e mellorar a convivencia
• Ensinar a contar contos, recitar rimas e poesías facendo uso ou non doutros recursos (musicais, visuais, etc.).
• Ensinar a compartir e comentar as lecturas das súas fillas e fillos.
• Crear contos a partir da improvisación ou de experiencias próximas.
• Ensinar a xestionar unha biblioteca familiar e crear un espazo axeitado para a lectura.
• Ofrecer recursos e ideas para facer da lectura un xogo, unha aventura en familia.

SESIÓNS:

  1. Onde se acende este libro? Tipos de libros e lecturas.
    Da narración oral á realidade aumentada.
    Impartida por Eva Mejuto.
  2. Libros para resolver conflitos, libros para entender o mundo.
    Dori Martínez, Psicóloga.
  3. Dar de ler como quen dá de beber. Recursos para ler e xogar
    en familia. Espazo Lectura de Gondomar.
  4. E que libro podo escoller? Para non afogarse nun mar de libros.
    Luz Gallego, librería Seijas.
  5. Xogamos, cantamos e contamos.
    Cris de Caldas, Bibliotecaria e Narradora Oral.
  6. En galego, moito que contar. Pilar Sampedro, experta en LIX.
  7. Risoterapia literaria. Rimos e lemos en familia. Risotadas.

SERVIZO DE LUDOTECA

As familias asistentes terán ao seu dispor un servizo de ludoteca literaria para crianzas de máis de dous anos, que deberán solicitar previamente
cada día de sesión.