A organización do certame Ben Veñas Maio do Concello comunica cambios pola Covid-19

A prolongada situación de alerta sanitaria obrigou a modificar algúns aspectos da organización do certame Ben Veñas Maio. Os máis importantes son:

– Os traballos de calquera categoría considéranse presentados enviándoos por correo electrónico ao enderezo bvm@pontevedra.gal Non hai que entregar ningún orixinal.
– Anúlanse o acto de entrega de premios previsto para o venres 8 de maio, a semana teatral e o certame musical, pola imposibilidade de actuar en directo.
O resto de certames mantéñense e entregaremos os premios malia non poder facer unha gala.

As bases quedan modificadas tal e como se recollen no arquivo adxunto.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello no enderezo normalizacionlinguistica@pontevedra.eu ou chamando ao número de teléfono 986863157.