Resolución pola que se fai pública a iniciativa “Voluntariado de lectura-A”, destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria, de centros de titularidade da Consellería para o curso 2013/2014

Xúntase a Resolución do 4 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se pretende impulsar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado dos centros de ensino non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da iniciativa denominada "Voluntariado de lectura – A", integrada no programa Hora de Ler para o fomento da lectura nos centros de Ensino. No curso 2013-2014, esta iniciativa vai destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Ensinanza Primaria.

  • O prazo de inscrición remata o 31 de outubro de 2013

Toda a información no Portal Educativo da Xunta