A utilización de máscaras nos espazos escolares e educativos deixa de ser obrigatoria agás no transporte

Mantense como recomendación tanto para alumnos como para profesores e situacións de vulnerabilidade especial.
Estas directrices modifican especificamente o punto 6 das medidas da estratexia para a etapa de transición que publicaron o 1 e abril de forma conxunta as consellerías de Educación e Sanidade e supón tamén a actualización dos protocolos que seguen vixentes no resto dos aspectos e que se poden consultar neste web oficial da Consellería:
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus.