SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ANPAS E CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS E CONCERTADOS DOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A ORGANIZACIÓN E O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA AMBIENTAL “VIVE O RURAL” 2027

“Vive o rural”, vai dirixida ás asociacións de nais e pais de alumnas e alumnos (en diante, anpas) dos centros educativos públicos e concertados e aos propios centros escolares dos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para organizar visitas de educación ambiental ás granxas escola da provincia de Pontevedra inscritas no Rexistro de Instalacións Xuvenís da Xunta de Galicia.

Estas visitas consistirán en pasar un día realizando distintas actividades de toma de contacto cos animais, labores da horta, obradoiros educativos, xogos ou calquera outra de natureza análoga.

Rexistro de instalacións xuvenís da provincia de Pontevedra

Denominación

Núm. de rexistro

Enderezo

Granxa escola Serantellos

36-GE-01

Serantellos, 1, Castrelo 36639 Cambados

Granxa escola FervenzAventura

36-GE-04

Reboreda, 6, Abades
36589 Silleda

Granxa escola El Kiriko

36-GE-05

Soutosico, 20
36847 Fornelos de Montes

Granxa escola Corazón de Carballo

36-GE-07

Vilar, 45
36740 Tomiño

A Ecogranxa-Río Mouro

36-GE-10

Río Mouro Pequeno, s/n
36995 Poio

Granxa escola A Gotiña

36-GE-13

Barrio Portacortiñas, 18, Paraños
36887 Covelo

O importe máximo que se subvencionará por alumna ou alumno é de vinte e cinco euros (25,00 €), cun límite de cincuenta (50) escolares por centro ou anpa, agás nos centros que cumpran os seguintes requisitos, nos que o importe máximo que se subvencionará será de corenta euros (40,00 €):

• Ter menos de 50 alumnas e alumnos matriculados no global do centro.

• Contar cun máximo de 30 alumnas e alumnos participantes na actividade.

3.3. O programa desenvolverase en períodos lectivos dos cursos escolares 2026/2027 e 2027/2028, concretamente, entre os meses de xaneiro a maio e de setembro a decembro de 2027, excluídos os períodos vacacionais do Nadal e Semana Santa.

O prazo para presentar as solicitudes comezará o 19 de outubro e rematará o 27 de novembro de 2026.

 O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible. A tramitación das solicitudes axustarase á seguinte orde de prioridade:

• En primeiro lugar, os centros educativos públicos e as anpas ligadas a estes.

• En segundo lugar, os centros educativos concertados e as anpas ligadas a estes.

Dentro de cada grupo, as solicitudes ordenaranse segundo a súa data e hora de entrada no rexistro electrónico.

As entidades interesadas deberán achegar con cada solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa que actúe en representación da anpa ou do centro escolar, só no caso de que non se empregue un certificado cualificado de representante.

b) Certificación expedida polo órgano competente da anpa ou do centro educativo na que se faga constar o acordo de solicitar a participación neste programa e a composición actual da xunta ou do órgano directivo (anexo II).

c) Documento que acredite a inscrición da anpa no Rexistro de Asociacións como tal, de ser o caso.

d) No seu caso, declaración responsable emitida polo órgano competente do centro educativo na que se indique que este ten menos de 50 alumnas ou alumnos matriculados e que na actividade participarán un máximo de 30 alumnas ou alumnos (anexo III).

e) Certificado de titularidade bancaria. Non será necesario achegalo se xa se presentou con anterioridade. Para estes efectos, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo o presentou, co fin de ser recollido pola propia Administración.

Orixe: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/10/07/2026071960

Comentarios0

Deixa unha resposta