Curso Xestión ANPA

ASUNTO: CURSO DE FORMACIÓN DE XUNTAS DIRECTIVAS DE ANPA

Prezados amigos /as e compañeiros/as:

Como sabedes, facilitar información e asesoramento ás ANPA é unha das nosas finalidades, e tarefa indispensable para fomentar a participación das familias nos centros escolares.

Para dinamizar esta participación organizamos todos os anos o “Curso de Formación de Directivos/as de ANPA” dirixido especialmente a todos aqueles que vos incorporastes recentemente ás Xuntas Directivas.

O curso será impartido por Nuria Martínez, técnico de CONFAPA, que tratará sobre finalidades e dereitos das ANPA, requisitos que deben cumprir para o seu funcionamento (Estatutos,libros obrigatorios, actas, convocatorias, órganos de governo, etc.) e pola coincidencia coa renovación parcial dos Consellos Escolares falaremos tamén de cuestións relativas ao seu funcionamento, constitución e competencias. O apartado de contabilidade e fiscalidade das ANPA será explicado pormenorizadamente por Pedro Menéndez, asesor fiscal e contable.

XORNADA SÓ DE MAÑÁ

DATA: 6 DE ABRIL

HORARIO: 10:00 á 14:00 horas

LUGAR: PAZO DE CULTURA DE PONTEVEDRA SEMINARIO 3

Xuntamos folla de inscrición que pedimos devolvades cuberta para confirmar asistencia. Data límite de inscrición o día 31 de marzo.

Aviso:cambio de seminario, estamos na aula nº6 na 2ª planta.

Folla de inscrición