Clubs de Lectura para centros públicos de ensino secundario de Galicia. Curso 2020/21

Publícase a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 29 de outubro de 2020, pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional  ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2020/21.

O prazo límite para presentación de solicitudes remata o 16 de novembro de 2020 (data incluída).
Poderán presentar solicitude aqueles centros que inclúan un club de lectura na programación de actividades da biblioteca escolar ou conten con profesorado que pretenda poñelo en marcha con un ou máisgruposde alumnado e/ou membros dos distintos sectores da comunidade escolar, en tempos de lecer ou horario extraescolar.

 

Comentarios0

Deixa unha resposta