Mapa provincial de centros escolares e programas de mellora 2016

1. Reforzo, orientación e apoio (PROA).

Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

2. Mellora das competencias clave.

Coa finalidade de priorizar as accións para a mellora da competencia matemática, o desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da competencia en comunicación lingüística e/ou competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

Incluirá todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa, na redución da taxa de abandono escolar e dos niveis de absentismo e no fomento nos centros educativos dos valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e de cumprimento das normas e avanzar no respecto á diversidade e no fomento da igualdade entre mulleres e homes.

4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

Incluirá todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa, e na redución da taxa de abandono escolar e dos niveis de absentismo.

5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Esta actuación supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado.

6. Mellora da calidade na xestión dos centros.

Trátase dun conxunto de medidas ou actividades destinadas a mellorar a xestión dos centros educativos.