ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Matrícula:
    – desde o 28/08/2014 e ata o 12/09/2014 (para os cursos do 1º cuadrimestre)
    – desde o 15/12/2014 ata o 16/01/2015 (para os cursos do segundo cuadrimestre)
    – só se poderá facer unha solicitude dun único curso nunha soa escola oficial de idiomas. De existir máis dunha solicitude do/a mesmo/a aspirante, anularanse todas as súas peticións.
    – presentación de solicitudes na secretaría da escola oficial de idiomas

 

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros. Orde do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 162, do 27 de agosto de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 36490, na letra a) do artigo 4, onde di: «Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos na letra a) do artigo 3 desta orde», debe dicir: «Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos no artigo 5 desta orde».