Modelo de instancia para presentarse ás eleccións de consellos escolares
A partir de mañá está aberto o prazo para presentar candidaturas de nais e pais aos consellos escolares do voso centro. Hai un prazo de 7 días para presentarse, tras comprobar que estamos inscritos no censo electoral, conforme resolución do pasado 30 de setembro
https://www.nontedurmas.org/adm-edu/dog/calendario-de-eleccions-a-consellos-escolares/
Aínda que moitos centros aínda non publicaron as datas exactas, as eleccións terán lugar a finais do mes de novembro (un día, entre o 23 e o 29 de novembro como moi tarde) para que se poidan constituír os novos consellos escolares a finais de mes.
Achegámosvos un simple modelo de instancia que sería o que debemos remitir á Presidencia da Xunta Electoral de cada centro (é dicir, á direccción do centro) para conste a nosa candidatura como nais/pais/titores como membros do consello escolar e se poida votar.
Lembrade que os representantes agora electos teñen un mandato de 4 anos aínda que hai anovación parcial cada 2 anos.