Educación convoca 9.690 prazas para a acreditación de competencias profesionais

As persoas admitidas neste proceso que lles permitirá acreditar as súas experiencias profesionais deberán pasar tres fases: o asesoramento, a avaliación da competencia profesional e a acreditación e rexistro da dita competencia.

A oferta actual é moi similar á de 2016, moi diversificada en atención ás demandas dos distintos sectores produtivos nas diferentes zonas xeográficas. As familias profesionais nas que se convoca o proceso son 16, unha máis que na convocatoria anterior ao introducir a de Comercio e Márketing. O resto das familias presentes na convocatoria son administración e xestión, agraria, electricidade e electrónica, edificación e obra civil, fabricación mecánica, hostalería e turismo, imaxe persoal, industrias alimentarias, informática e comunicacións, instalación e mantemento, madeira e moble, química, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade, e transporte e mantemento de vehículos.

Os ciclos nos que se fai oferta son 28, aparecendo 2 ciclo novos, nomeadamente Actividades comerciais e Operacións de Laboratorio.

Todos os detalles na orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170112/AnuncioG0164-281216-0003_gl.html

Orixe: Educación convoca 9.690 prazas para a acreditación de competencias profesionais | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria