Calendario para eleccións aos consellos escolares

A Consellería fixa que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar se realizarán entre os días 23 e 29 de novembro de 2016, ambos os dous incluídos.
Posteriormente, a Xunta Electoral pode fixar unha única data para as votacións correspondentes, de acordo co procedemento establecido.

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Orixe: Resolución DOG Martes, 4 de outubro de 2016 – AnuncioG0164-270916-0002_gl.pdf