Acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato
Resolución do 4 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e InnovaciónEducativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundariaobrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25
Os niveis de competencia dixital que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
Tamén se poden acreditar, de xeito parcial, os coñecementos, habilidades e actitudes dunha ou varias áreas de dominio correspondentes ao nivel intermedio descrito no Marco galego de competencias dixitais.
Modalidades de acreditación
A acreditación da competencia dixital do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:
a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2024/25.
b) Por obter o título de bacharel no curso 2024/25 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.