Xuventude oferta un programa de 400 prazas para achegar a educación ambiental mariña á mocidade galega do interior

 

Imaxe principal do artigo ou noticia
 

A dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un programa de educación ambiental mariña destinado á mocidade galega, especialmente á do interior, co fin de dar a coñecer as relacións entre o home e o mar e para garantir a conservación do patrimonio natural mariño. En total, e en colaboración coa Consellería do Mar, ofértanse un total de 400 prazas para cursar estas actividades.

O programa vai dirixido ao alumnado de segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria (3º e 4º de ESO), aos estudantes de 1º curso de bacharelato e aos do 1º ciclo formativo de grao medio que non teñan cumpridos os 18 anos.

O máximo de 400 prazas distribuirase en catro quendas de luns a venres, desde o 10 de maio ata o próximo 4 de xuño, no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).

Durante estas estadías, o obxectivo é achegar aos participantes ao mundo mariño, e mostrarlles embarcacións antigas e tradicionais. De feito, entre as actividades previstas, destaca a organizada a bordo dunha embarcación con capacidade para 120 persoas.

Ademais, e entre outros fins, promoverase a sensibilidade e respecto medioambiental; divulgarase a situación actual do mar; fomentaranse hábitos de vida saudable e promoveranse situacións multiculturais e de intercambio de experiencias.

Existen dous módulos diferenciados, en función da idade dos participantes: o "Planeta Litoral" (2º ciclo da ESO), que abordará o estudo do litoral da costa, as formacións costeiras, a biodiversidade, a contaminación ou os labores extractivos do marisqueo a pé e a bordo; e a "Expedición Neptuno" (1º curso do bacharelato e 1º ciclo formativo de grao medio), que se centrará nas relacións entre o home e o mar, as formacións xeomorfolóxicas ou na navegación costeira.

Para máis información podedes chamar aos seguintes teléfonos:

981 544 926 / 981 957 057 / 881 999 314

Información anexa

Solicitude Doc
Solicitude PDF
Folleto informativo