Xornadas de portas abertas no CITA

Con motivo do primeiro aniversario do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a Concellaría de Patrimonio Histórico organiza unhas xornadas de portas abertas que terán lugar os días 2, 3 e 4 de decembro de 2011.

O obxecto destas xornadas é que as entidades sociais e a cidadanía en xeral poidan visitar con acceso gratuíto este equipamento cultural integrado na rede de espazos arqueolóxicos do centro histórico de Pontevedra. Ademais de coñecer as estruturas construtivas da fortaleza, a visita permite facer un achegamento audiovisual á historia da cidade de Pontevedra desde a época romana ata os tempos modernos.

As persoas interesadas deberán dirixirse ao CITA no horario de apertura ao público (luns a sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 horas; domingos e festivos de 10 a 14 horas; martes pechado) ou facer a solicitude chamando ao número 986 090 677.

No caso das entidades (centros educativos, asociacións) poderán concertar unha visita para grupos dun máximo de 25 persoas nas xornadas de portas abertas (2, 3 e 4 de decembro) ou nos seguintes días do mes de decembro: venres 9, sábado 10, venres 16 e sábado 17.

Xornadas_portas_abertas_CITA.pdf