Visita á granxa Kiriko en familia

VISITA Á GRANXA KIRIKO EN FAMILIA

I

(Nota do 23 de marzo: Inscrición pechada. Xa non quedan prazas).

SÁBADO 11 DE ABRIL DE 10H A 17.30 HORAS

Traslado en vehículos particulares. Levar merenda.

Actividade para gozar en familia da granxa Kiriko en Fornelos de Montes.

Inscrición

mediante correo electrónico (actividades@nontedurmas.org), indicando nome e apelidos dos participantes, teléfono de contacto, idade e alerxias alimentarias, xunto co xustificante de pago da ANPA e xustificante de pago da actividade (ingreso no número de conta: ES57 2080 5403 4030 4010 2986

Prazo inscrición

ata o 3 de abril ás 14:00 horas.

Prezo

Socios de ANPA federada na FANPA: 2 euros por persoa. Demáis casos: 4 euros por persoa).

A actividade non se anulará por mal tempo. Adaptaranse as actividades a zonas de interior da granxa se fose necesario.

  • Chegada ás 10:00h á granxa.
  • 10:45 h Actividade “Os pequenos da granxa”

Os pequenos da granxa (actividade en zonas semicubertas): Visita a aviario, porcos, coellos, e cabras enanas. Alimentación e contacto cos animais, … (xogos de tacto, de identificación de sons, etc.)

  • 12:00 h Actividade “Descubrindo a natureza”

Descubrindo a natureza (adaptable en contidos a interior e zonas semicubertas): Percorrido polo bosque no que a traveso dos sentidos e de pequenos xogos aprenderemos a observar, tocar, escoitar e ollar cousas que nos pasan desapercibidas normalmente (os liques e musgos, a vida baixo as pedras, a idade das árbores, a vexetación de ribeira, as formas das follas, as cores, etc. Sempre que se faga no exterior poderemos ter contacto cos animais grandes da granxa que están en semiliberdade (burros, vacas e cabalos)

  • 13 h xantar (incluído)
  • 13:45 h tempo libre
  • 14:30 h Actividade “Mindfulness no bosque”

Mindfulness no bosque (actividade de exterior para tódalas idades): Buscaremos unha interacción diferente coa natureza a traveso da práctica da atencion plena e a relaxación.

  • 16 h Actividade “Galletas con formas naturais”

Obradoiro de elaboración de galletas con formas de natureza

  • 17:30 h despedida

Comentarios0

Deixa unha resposta