TDAH Salnés organiza as II Xornada sobre acoso escolar

Co lema ” ALZA TU VOZ CONTRA EL ACOSO/ BULLYING”, a xornada aberta e dirixida a pais e profesionais da educación realizaranse o 29 de abril, sábado, e contarase con importantes relatores, especialistas na materia.

O OBXECTIVO destas II XORNADAS, é o de crear un espazo de formación, información e concienciación deste problema, sobre o que en poucas ocasións se actúa de forma contundente; polo que as ponencias teñen un contido orientado a pais e profesionais da educación, que poden detectar chegado o seu día a día situación de conflito, implicándose á súa vez para intervir e tomar posición contra esta modalidade de violencia.

Segundo a Asociación a xente debe darse conta de que mirando para outro lado, non desaparece o problema, non se consegue que non suceda, e non evita que se produzan consecuencias irreparables…. por iso, só unindo forzas desde distintos ámbitos da sociedade é o único modo se pode conseguir erradicar este fenómeno que se está convertendo nun auténtico pesadelo para quen o sufre e a súa familia.

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/03/EXTERIOR-diptico-Xornadas-2017-3.pdf” title=”EXTERIOR-diptico-Xornadas-2017 (3)”] [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/03/INTERIOR-diptico-Xornadas-2017-1.pdf” title=”INTERIOR-diptico-Xornadas-2017 (1)”]