Roteiros, Aventuras e Vivencias en Familia 2019
NOTA do 6 de xuño: Cambio importante do punto de encontro . Ruta por Ulla – Pontevea (A Estrada – Teo). 9 de xuño, ás 10h.
Encontro na Ponte Medieval de Ponte Vea (42°45´36.19”N, 8°32’50.70″O). Tomar a N-640 por Caldas e Cuntis. Ao pasar Cuntis, en Novás, tomar o desvío pola EP-8401en dirección Santiago e Pontevea. Seguir por esta vía e logo PO-841 ata Pontevea, xusto no inicio do termo municipal de Teo. A Ponte Medieval, paralela á estrada sobre o río, está a man esquerda.
https://www.google.es/maps/@
NOTA do 5 de xuño: Ruta Ulloa-Pontevea do 9 de xuño, ás 10h.
Encontro na área recreativa do Xirimbao (42°44’51.14″N, 8°33’19.65″O).
https://www.google.es/maps/place/Xirimbao/@42.7472127,-8.557104,446m/data=!3m1!1e3!4m12!1m6!3m5!1s0xd2f068de492e4f9:0xb64fb028f9e16b!2sXirimbao!8m2!3d42.7476412!4d-8.5551993!3m4!1s0xd2f068de492e4f9:0xb64fb028f9e16b!8m2!3d42.7476412!4d-8.5551993
Tomar a N-640 por Caldas e Cuntis. Ao pasar Cuntis, en Novás, tomar o desvío pola EP-8401en dirección Santiago e Pontevea.
Seguir por esta vía e logo PO-841 ata Pontevea, onde tomaremos o desvío pola AC-242 en dirección Carcacía e Padrón. A 3 km aprox. atoparemos a indicación do Xirimbao.
Outra posibilidade é acceder a esta AC-242 dende Padrón. A distancia é similar.
Realmente é unha ruta moi doada, e con sombra en boa parte do roteiro. Recoméndase calzado forte (e calcetíns de recambio), tendo en conta ademais que os días previos está chovendo algo e pode quedar algo de lama, pero nada máis especial. A ruta son uns 6 km, pero moi doados e sen case desnivel.
NOTA do 4 de xuño: Para a saída aos Canóns do Sil do 8 e 9 de xuño hai que estar ali o sábado, ás 12.00 h e a volta será ás 14.00 h . O cámping chámase Canón do Sil. Non hai que levar sabas nin toalla. A viaxe en catamarán será o sábado pola tarde, ás 18.00 h. O cámping dispón de cafetaría onde se pode almorzar e comer se así se quere.
NOTA do 28 de maio: para a saída a Sálvora do domingo, día 2 de xuño, débese estar no porto de Bueu ás 11.00. O regreso será ás 19.30 horas. Hai que levar a comida e a bebida para todo o día porque na illa non hai posibilidade de comprar nin servizo de hostalería. Haberá un tempo libre para o baño polo que se recomenda levar bañador para os rapaces.
NOTA do 22 de maio: Para a andaina a Corrubedo, do sábado 25 de maio, a saída é do Pazo de Cultura ás 9.30. O regreso aproximadamente ás 20:30.
NOTA do 21 de maio: Para a vivencia no cámping do Grove, do 25 e 26 de maio, a chegada será a partir das 10.30 h e hai que levar toallas. A localización do cámping na seguinte ligazón… Paisaxe II O Grove
NOTA do 10 de maio: Para o Roteiro do Litoral de Cangas do domingo 12 de maio sae o bus do Pazo da Cultura ás 9.30 con regreso ás 14.30 ao mesmo Pazo
NOTA do 30 de abril: Plan de estadía no Carballiño (Descargar en PDF)
NOTA do 20 de marzo: Para a vivencia nas termas de Outariz (Ourense) do 23 de marzo, a saída será ás 9.00 horas desde o Pazo de Cultura; o regreso será ás 18.30 h desde Ourense. Os que teñan previsto gozar dos baños nas termas, deben levar bañador, chanclas e toalla. Para a comida, tras a visita ao centro da cidade, haberá un tempo libre antes de saír para as termas.
NOTA do 18 de febreiro: Debido ás elección xerais, anúlase a Vivencia das Pallozas de Arenteiro prevista para a fin de semana do 27 e 28 de abril; pasa para o 4 e 5 de maio.
DOCUMENTACIÓN:
– Ficha totalmente cuberta (descargar desde o web).
– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición. De non se cubrir o número mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade, devolverase o importe íntegro e eliminarase a actividade.
PAGO:
O pago farase unha vez que se confirme a praza, mediante o correo electrónico dado. O pago farase nos 3 días seguintes á confirmación, enviando o xustificante por correo eléctronico.
ROTEIROS EN FAMILIA
Prezos por familia e ruta (ata 5 membros):
– Socios/as de ANPA federada na FANPA: 12€
– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 20€
![]() |
---|
AVENTURAS EN FAMILIA
TIROLINAS (Ecoparque Marín). A partir de 6 anos
Días (Domingos): 31 marzo, 7 abril, 14 de abril e 28 de abril 2019.
Horario: 10:00 a 13:30 horas, aproximadamente.
Prezo por día e persoa:
– Socios/as de ANPA federada na FANPA: 6 – 12 anos 6€, adultos 10€.
– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 6 – 12 anos 10€, adultos 18€.
PAINTBALL (Ecoparque Atalaia). A partir de 6 anos
Días (Sábados): 30 de marzo e 13 de abril 2019.
Horario: de 16:30 a 17:30 horas.
Prezo por día e persoa:
– Socios/as de ANPA federada na FANPA: 8€.
– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 13€.
KAYAK, PADEL E PEDALETAS (Fornelos Wake Club). A partir de 8 anos
Día (Sábado): 1 de xuño 2019.
Horario: de 11:00 a 19:00 horas, aproximadamente.
Prezo por persoa:
– Socios/as de ANPA federada na FANPA: 15€;
– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 30€.
Información: Comida non incluída no prezo. Levar traxe de baño, toalla e roupa de muda
VIVENCIAS EN FAMILIA
TERMAS DE OUTARIZ (Ourense)
Día: 23 de marzo 2019.
Información: Vivencia de xornada completa. Saída en bus dende o Pazo da Cultura de Pontevedra. Visita ao centro da cidade. Percorrido en tren e baño nas Termas de Outariz (os/as menores de 5 anos non poderán utilizar as termas). Xantar non incluído no prezo. Levar traxe de baño.
Prezo por persoa: Socios/as de ANPA federada na FANPA: 5€; non socios/as: 9€.
PALLOZAS DE ARENTEIRO
Quendas (a elexir unha): 27 e 28 de abril ou 11 e 12 de maio 2019.
Información: Vivencia de xornada de día e medio con durmida do sábado. Chegada en transporte particular. Ruta de sendeirismo, visita á antiga fábrica de papel e á piscifactoría. As comidas non están incluídas no prezo.
Prezo por persoa: Socios/as de ANPA federada na FANPA: 10€; non socios/as: 8€.
ILLA DE SÁLVORA
Día: 2 de xuño 2019.
Información: Vivencia de xornada completa. Saía e chegada en barco desde o porto de Bueu. Ruta de sendeirismo polo Parque Nacional, Monte Gralleiros e faro de Sálvora. Hai que levar xantar.
Prezo por persoa: Socios/as de ANPA federada na FANPA: 6€; non socios/as: 12€.
CÁMPING O GROVE
Días: 25 e 26 de maio 2019.
Información: Vivencia de día e medio con durmida do sábado. Chegada en transporte particular. Faranse diversas actividades acuáticas e xogos lúdicos. Xantar e cea do sábado e almorzo do domingo incluídos no prezo.
Prezo por persoa: Socios/as: 20€ en tenda e 28€ en bungalow; non socios/as: 29€ en tenda e 38€ en bungalow.
CANÓNS DO SIL
Días: 8 e 9 de xuño 2019.
Información: Vivencia de día e medio con durmida do sábado no cámping en bungalows compartidos. Chegada en transporte particular. Farase unha ruta de sendeirismo e unha ruta en barco polos canóns do Sil. As comidas non están incluídas no prezo.
Prezo por persoa: Socios/as de ANPA federada na FANPA: 25€; non socios/as: 36€.
Ficha de inscrición para cubrir e entregar na oficina
Debe estar conectado para enviar un comentario.