Recollida de xoguetes

Comezamos unha campaña para recoller e reciclar aqueles xoguetes que xa non van ser utilizados polos nosos fillos. O xoguete non é un luxo senón un instrumento fundamental para a educación e a cada idade correspóndelle un tipo de xoguete; por iso, ao medrar, os nenos e nenas deixan de utilizar os antigos para utilizar os novos… pero non por iso os vellos deixan de ser útiles.

Os xoguetes poden entregarse persoalmente nas nosas oficinas de Pontevedra ou ben ser recollidos pola túa ANPA, se está de acordo, con quen nos poñeremos de acordo para a recollida colectiva.

Os xoguetes recollidos, repartiranse entre asociacións sen ánimo de lucro vinculadas á infancia e doaranse ás familias con menos recursos.