Programa PAE 2019 – 2020

Apoio específico a nenos e nenas con NEE

O Programa PAE é un Programa de Apoio Específico dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria que presenta necesidades derivadas do diagnóstico de diferentes trastornos como poden ser o Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH),Trastorno de Espectro Autista (TEA), Trastornos de Aprendizaxe…

Sendo conscientes das necesidades dos/as escolares que presentan estes trastornos tomouse a iniciativa de crear este Programa para promover actuacións e intervencións que permitan unha resposta adaptada ás necesidades de cada participante.

Ditas actuacións están dirixidas tanto á intervención educativa con estes alumnos e alumnas como ao asesoramento e orientación das familias, mantendo sempre a comunicación e a colaboración cos centros escolares aos que pertence cada participante.

– Intervención terapéutica en grupo co neno/a dende dúas liñas de traballo:

– Atención Cognitiva (unha sesión á semana)
– Atención Psicomotriz (unha sesión á semana)

– Formación dirixida ás familias, onde as profesionais que interveñen cos nenos/as facilitan ás familias información actualizada, estratexias e ferramentas precisas que permiten favorecer unha comunicación positiva que posibilite unha melloría do autoconcepto e da autoestima de tódolos membros/as da familia, en especial do neno/a con NEE.

– Colaboración co centro escolar, a través de reunións periódicas das profesionais do Programa co departamento de orientación e o titor/a do neno/a, o que permite tanto facilitar e optimizar o asentamento dos avances alcanzados nas sesións como asesorar ás familias dende unha perspectiva interdisciplinar.

Información e contacto

FANPA Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org
ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es

Ficha de inscrición (descargable en PDF)

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/09/ficha-de-inscrición-Pae-pontevedra-19-20.pdf” title=”ficha de inscrición Pae pontevedra 19-20″]

 

Información da táboa de prezos

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/09/Táboa-de-prezos-do-Programa-anuais-curso-2019-20.pdf” title=”Táboa de prezos do Programa anuais curso 2019-20″]