Programa PAE 2016- 2017
(Apoio específico a nenos e nenas con NEE)
![]() |
![]() |
Hoxe en día, hai unha considerable porcentaxe de nenos e nenas en idade escolar que presentan necesidades educativas específicas (TDAH, TEA, Trastornos de aprendizaxe…) e que se manifestan en niveis de atención, concentración, actividade, distracción, impulsividade, sociabilidade, … inadecuados para a súa idade.
Estas necesidades, reflicten situacións complexas , a miúdo ligadas a diferentes patoloxías , que manifestan múltiples expresións do sufrimento infantil afectando a aspectos fundamentais da vida do neno/a. Dende moi pequeno pode sentirse alleo ao grupo de amigos e compañeiros e percibir o rexeitamento en varios ámbitos en relación ao conflito que o seu comportamento crea no entorno. Pode ter dificultade para fixar a atención, seguir unhas pautas sinxelas de comportamento ou recordar a necesidade de realizar tarefas, o que a miúdo o leva ao fracaso escolar, baixa autoestima, inseguridade afectiva, etc.
A intervención depende de cada caso individual, implicando simultánea e coordinadamente terapéutica psicolóxica, psicopedagóxica, nalgún caso farmacolóxica e psicosocial. Ningunha destas modalidades é única e exclusiva, nin pode suplir ás demais.
Dende esta visión integradora e interdisciplinar do Programa PAE vai dirixido a alumnos/as de Educación Primaria e Secundaria e abrangue tanto a intervención terapéutica grupal cos menores como a colaboración, apoio e formación ao seu entorno familiar e educativo:
Intervención terapéutica en grupo co neno/a dende dúas liñas de traballo:
- Atención Cognitiva (unha sesión á semana)
- Atención Psicomotriz (unha sesión á semana)
- Formación ás familias facilitándolles información actual para poder comprender aos seus fillos/as, así como proporcionándolles estratexias e ferramentas precisas que favorezan a comunicación positiva e a creación dun clima familiar adecuado que posibilite unha melloría do autoconcepto e da autoestima de tódolos membros/as da familia, en especial do neno/a con NEE.
- Colaboración co centro, a través do departamento de orientación co asesoramento e apoio ás familias así como o mantemento dunha vía de comunicación entre os profesionais do Programa e os do centro educativo que facilita e optimiza o asentamento dos avances alcanzados polos participantes no programa.
Horario
As intervencións desenvólvense os mércores no CEIP Campolongo, sendo unha das sesión de psicomotricidade e outra de intervención cognitiva, a hora está en función do grupo ao que pertenza cada un dos participantes.
Información e contacto
FANPA Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org
ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es
Debe estar conectado para enviar un comentario.