Programa de Avaliación e Divulgación sobre a Prevención da Osteoporose
A Concellaría de Educación, Universidade e Deporte do Concello de Pontevedra está a colaborar coa Fundación Educación, Deporte y Salud (FEDYS) e a Fundación Hispana de Osteoporosis y Enfermedades Metabólicas, no Programa de Avaliación e Divulgación sobre a Prevención da Osteoporose.
Este programa, que se levara a cabo os días 16 e 17 de abril de 2012, ten como compromiso e obxectivo fundamental ofrecer información sobre a prevención e tratamento da osteoporose, enfermidade que nos últimos tempos presenta un aumento do número de afectados debido, entre outras causas, ao envellecemento poboacional.
O programa contará coas seguintes actividades abertas ao público en xeral: proba densitométrica ósea e charla informativa.
– A charla informativa será o luns 16 ás 19,30 h no Pazo de Cultura a cargo da ponente Sandra Fernández Carrera1.
– A proba densitométrica será en tanto o luns 16 coma o martes 17 en horario de 10 a 14 h e de 15 a 18 h. Cada día poden atenderse arredor de 420 persoas.
Os contidos que se van tratar na charla informativa son:
Actividade física como factor protector da saúde.
Nutrición.
Tabaco, alcol e drogas.
A osteoporose: riscos e medidas de prevención.
No IES Sánchez Cantón haberá unha charla para o alumnado de 3º e 4º da ESO do centro.