Programa Coñece Galicia, minicampamentos de luns a venres en aloxamentos turísticos
Onte abriu o proceso de inscrición destes campamento da Consellería de Política Social e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude.
“Coñece Galicia” está dirixido a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude e que queiran gozar dun programa lúdico formativo nos espazos naturais da nosa comunidade autónoma.
O prazo de inscrición comezará o día 15 de xuño ás 13:00 horas e finalizará 5 días antes do inicio de cada actividade, salvo no caso de que se esgoten as prazas.
A reserva da praza efectuarase a través do formulario electrónico de inscrición, que estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. O formulario xerará un correo de confirmación das quendas solicitadas.
- http://xuventude.xunta.es/rede-galega-de-informacion-xuvenil/xuventude-novas/formulario-de-solicitude-programa-conece-galicia
Admítese a inscrición dun máximo de 3 quendas diferentes de programas, indicando a orde de prioridade de participación.
Teléfonos de información: 981 544 645 / 981 545 937 / 981 545 822