Procedemento para bolsas de comedor da FANPA para o curso 2024-2025
PONTEVEDRA E MARÍN
REQUISITOS DOS SOLICITANTES PARA AS BECAS DO SERVIZO DE COMEDOR DO CURSO 2024/2025:
- Estar empadroado no Concello de Pontevedra ou Marín, e convivir cos menores para os que se solicita a beca de comedor. Os menores deben estar matriculados nun centro público do concello de Pontevedra que conte co servizo de comedor xestionado pola FANPA.
- Non ter situación de impago coa empresa que presta o servizo de comedor, nin coa FANPA.
- Non ter sido beneficiario de beca de comedor máis de dous anos por parte da FANPA.
- Non contar cuns ingresos per cápita superiores ó 100% do IPREM, nin patrimonio que exceda o necesario para ter dereito ao IMV.
- Ter solicitado as prestación e pensións as que teña dereito: RISGA, IMV,…
- Os integrantes maiores de idade que non estean traballando, estar inscritos coma demandantes de emprego.
De non cumplir con algún dos requisitos esixidos a solicitude quedará excluída.
A FANPA resérvase o dereito a solicitar documentación complementaria que xustifique a situación declarada polos solicitantes.
CRITERIOS DE VALORACIÓN:
- SITUACIÓN LABORAL DOS PAIS OU TITORES LEGAIS
Situación | Puntuación | |
FAMILIAS MONOPARENTAIS | ||
A.1 | Familia dun só proxenitor en situación de desemprego | 0 |
A.2 | Familia dun só proxenitor en situación activa | 10 |
FAMILIAS CON DOUS PROXENITORES OU TITORES LEGAIS | ||
A.3 | 1 só proxenitor ou titor legal con emprego | 4 |
A.4 | Dous proxenitores con emprego | 10 |
A.5 | Ambos proxenitores en situación de desemprego | 0 |
- SITUACIÓN ECONÓMICA DA UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA
Para o cálculo desta puntuación terase en conta os ingresos brutos anuais de tódolos integrantes da unidade familiar de convivencia. Terase en conta ós cónxuxes ou titores legais ou parellas de feito, fillos maiores ou menores de idade, ascendentes dos cónxuxes que convivan, así coma outras persoas con lazos familiares que convivan cos menores para os que se solicita a beca.
Situación económica da unidade familiar de convivencia. Renta per cápita anual* | Puntos | |
B.1 | < 50% do IPREM anual | 0 |
B.2 | < ou igual ó 50% do IPREM e menor ó 60% | 10 |
B.3 | < ou igual ó 60% do IPREM e menor ó 70% | 8 |
B.4 | < ou igual ó 70% do IPREM e menor ó 80% | 6 |
B.5 | < ou igual ó 80% do IPREM e menor ó 90% | 4 |
B.6 | < ou igual ó 90% do IPREM e menor ó 100% | 2 |
*Renta per cápita: Ingresos brutos anuais da unidade familiar de convivencia, dividido entre o número de membros da unidade familiar.
**IPREM
Tal y como recoge en el Boletín Oficial del Estado, de Presupuestos Generales del Estado para el año 2023.
- IPREM anual: 7.200,00 euros/año
LEY 3/2011, de 30 de junio, de apoyo a la familia y a la convivencia de Galicia.
Artículo 13. Concepto.
A efectos de la presente ley, se entiende por familia monoparental el núcleo familiar compuesto por un único progenitor o progenitora que no conviva con otra persona con la que mantenga una relación análoga a la conyugal y los hijos o hijas menores a su cargo, siempre que el otro progenitor o progenitora no contribuya económicamente a su sustento.
- SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR DA UNIDADE DE CONVIVENCIA DO MENOR
Situación | Puntos | |
C.1 | Incompatibilidade cos horarios de comedor por cuestións laborais. | 4 |
C.2 | Familias numerosas | 2 |
C.3 | Persoa da unidade familiar que compute para o cálculo do IPREM cun certificado de discapacidade superior ou igual ó 33% | 2 |
C.4 | Menor para o que se solicita a beca cun certificado de discapacidade superior ou igual ó 33% | 2 |
C.5 | Non ter disfrutado de beca de comedor xestionada pola FANPA | 4 |
C.6 | Ter disfrutado de beca de comedor xestionada pola FANPA un ano | 2 |
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
As becas concederanse ás familias con maior puntuación de cada centro, ata agotar 3 becas por centro. O resto de familias quedarán en lista de espera por centro ordeadas de maior a menor puntuación. Para poder atender a máis familias a FANPA poderá decidir dividir algunhas becas completas en dúas de 3 días á semana.
De chegar solicitudes de situación que teñan lugar despois do prazo de presentación, incluiranse na lista de espera de cada centro según a puntuación alcanzada no lugar que lles corresponda.
No caso de empate en puntuación, terase en conta a maior puntuación obtida no apartado B, en segundo termo a puntuación do apartado A e en derradeiro lugar o apartado C.
DOCUMENTACIÓN:
- Padrón municipal de habitantes conxunto.
- Documento que acredite onde está matriculado o neno.
- Derradeira declaración da renda e certificado da seguridade social onde figure a situación actual laboral ou de prestación de pensión ou subsidio.
- En base ó padrón conxunto, documentación que acredite os ingresos dos membros da unidade familiar para calcular a renta per cápita. (declaración da renda de cada membro).
- Familia monoparental, certificado emitido pola Xunta de Galicia.
- Certificado da empresa onde se indique o horario de traballo.
- Certificado de familia numerosa.
- Documento do recoñecemento da discapacidade superior ó 33%.
A FANPA poderá pedir documentación adicional para clarificar calquera aspecto da solicitude. No caso de non aportar algunha documentación das solicitadas, suporá a denegación da solicitude.
No caso de grandes variacións dos datos económicos respecto ao ano anterior, a FANPA podera ter en conta os datos do ano actual.
O cambio nalgunha das situacións acreditadas suporá a reavaliación da beca.
O incumprimento das normas de comedor así coma as ausencias inxustificadas reiteradas suporá a perda da beca.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Do 4 ao 16 de setembro. En horario de oficina de 9 a 14 horas.
As solicitudes presentaranse presencialmente na oficina da FANPA: r/Xan Guillermo, 9 de Pontevedra
Comunicación ás persoas beneficiarias telefónicamente o 26 de setembro.
Hai que cubrir unha ficha con datos persoais segundo sexa comedor en Marín ou en Pontevedra
Comentarios0