Presentación de proxectos docentes do Campus de Pontevedra

casa-das-campasA Casa das Campás, sede reitoral da Universidade celebrará unha sesión o xoves, 21 de abril a partir das 18h. A sesión é aberta ao público xeral, pero quere atraer especialmente a presenza de pais e nais para poder presentar diversas iniciativas que se levan a cabo con estudantes e como se ofrece a docencia nos distintos graos do campus.

 

Os proxectos docentes que se presentarán serán os seguintes:

 

  1. Participación no Primeiro Concurso Internacional XMMINT Project, Xabier Martínez Rolán
  2. O prego desdobrado, Grupo DX5
  3. Alkimia ou como promover o interese dos estudantes de bacharelato cara o mundo da química, Beatriz Legerén Lago
  4. Os percorridos de estudo e investigación na transición da ensinanza secundaria á universitaria, José Manuel Casas Mirás
  5. Creación dun MOOC como proposta colaborativa multidisciplinar, Paulino Pérez Feijoo
  6. Metodoloxía, contidos e ferramentas dun caso aplicado de flipped learning: comunicación televisiva, Alberto Dafonte Gómez
  7. Como achegar a xestión pública á nosa contorna global? O caso do Grao en Dirección e Xestión Pública e o Master en Dirección Pública e Liderado
  8. Institucional, Enrique Varela Álvarez
  9. A rede social ELGG na formación inicial do profesorado dos graos en educación infantil e de primaria, María Álvarez Lires
  10. Alén de FAITIC: ensinar o francés por proxectos nunha aula divertida, Carlos Valcárcel Riveiro

Una vez presentados estes proxectos, Ana de Echave dará una breve charla sobre como “Fomentar la creatividad a través de la realidad aumentada” e darase paso a unha rolda aberta de preguntas.