Preparación dos exames da U. de Cambrigde en Marín
Info actualizada o 21/11/2016
Nota importante: A partir de agora o venres realizarase no IES Illa de Tambo, mentres que o sábado seguirá sendo na Granxa de Briz
A FANPA informa que xa está aberta a inscrición para o curso de preparación dos exames de inglés 2016-2017 con Global Project, empresa recoñecida pola Universidade de Cambridge, como formadora para a preparación dos seus exames.
Obxectivo
Preparar aos nosos mozos para que obteñan os correspondentes certificados de recoñecemento internacional da Universidade de Cambridge o que lles abrirá as portas a unha educación de alto nivel.
Profesorado
O profesorado encargado desta preparación é de nivel nativo, con experiencia nas preparacións destes exames e alto nivel de aprobados nos seus grupos.
Contidos
Programación adaptada ás diferentes probas de nivel.
Refórzanse e practican as estruturas fundamentais: Writing (escribir), Speaking (falar), Reading (ler), e Listening (escoitar).
Prácticas de exames reais para que os nenos se familiaricen con eles.
Dedicación mínima recomendada, 2 horas á semana. Establécese a seguinte estrutura (curso escolar orientador – realizaranse probas de nivel
iniciais):
ORGANIZACIÓN XERAL
O número mínimo de alumnos en cada grupo é 8 e máximo 16.
Cada grupo está ao cargo dun profesor de nivel nativo que impartirá as clases e preocuparase pola evolución de cada alumno. Os profesores son excelentes profesionais con grande experiencia no ensino de nenos.
Ademais: Global Project asignará un coordinador en permanente contacto coa FANPA e os profesores para garantir a boa marcha dos cursos.
Trimestralmente entregaráselles aos nenos un completo informe sobre a súa
evolución e recomendacións.
En caso de enfermidade ou baixa dalgún dos profesores, Global Project procurará cubrir as clases cun profesor substituto.
TARIFAS E HORARIOS
As clases comeza o primeiro día de outubro
WORKSHOPS (Infantil, primeiro e segundo de Primaria)
Cuota: 30€/ mes socios 39€/ mes no socios
Horario: sábados de 10 a 12h
MOVERS (3º e 4º Primaria) e FLYERS (5º e 6º Primaria):
Cuota: 36€/ mes socios 45€/ mes non socios
Horario: Movers: sábado de 12 a 14h. Flyers: Venres de 18 a 20h.
KET, PET Y FCE (ESO e Bacharelato)
Cota: 40€/ mes socios 50€/ mes non socios
Horario:
KET, venres de 16 a 18h
PET, venres de 18 a 20h
FCE, venres de 16 A 18h.
CAE: Poden unirse ao grupo de Pontevedra
Cota : Socios: 59€/ mes (grupo máximo de 7 alumnos) 52€/ mes (mais de 7)
Non socios: 68€/ mes- 61€/ mes
Para máis información sobre os cursos e a situación das aulas, poden
chamar aos teléfonos de contacto:FANPA: 986 843 412
Global Project: 986 220 670
