Preparación Cambridge para IES Pontevedra curso 2014/15

  

Aberto prazo de inscrición 2014-15
 
 
 
PREPARACIÓN DOS EXAMES DA UNIVERSIDADE DE CAMBRIDGE
 
 
Obxectivo: Preparar os mozos/as para que obteñan os correspondentes certificados de recoñecemento internacional da Universidade de Cambridge, que lles abrirá as portas a unha educación de alto nivel.  
 
Profesorado: O profesorado encargado desta preparación é nativo, con experiencia nas preparacións destes exames e con alto nivel de aprobados nos seus grupos. 
 
Contidos: 
 
Programación adaptada ás diferentes probas de nivel.
Refórzanse e practícanse as estruturas fundamentais: Writing (escribir), Speaking (falar), Reading (ler) e Listening (escoitar).
Prácticas de exames reais para que os mozos/as se familiaricen con eles.
 
Dedicación mínima recomendada: 2 horas á semana
 
Establécese a seguinte estrutura:
 
Curso escolar orientativo- realizaranse probas de nivel iniciais:
 
Nivel A2: KEY ENGLISH TEST, KET 
 
Nivel B1: PRELIMINARY ENGLISH TEST, PET 
 
Nivel B2: FIRST CERTIFICATE IN ENGLISH, FCE 
 
 
 
 
ORGANIZACIÓN XERAL
 
 
 
O número mínimo de alumnos en cada grupo é 8 e máximo 15. Para un número inferior a tarifa pode sufrir algún cambio. Cada grupo está ao cargo dun profesor/a nativo/a, cunha gran experiencia na ensinanza dos mozos/as, que impartirá as clases e preocuparase pola evolución do alumnado. 
Ademais, Global Project establecerá:
Un coordinador en permanente contacto coa FANPA e cos profesores para garantizar a boa marcha dos cursos. 
Trimestralmente entregaránselles aos nenos un completo informe sobre a súa evolución e recomendacións. 
En caso de enfermedade ou baixa de algún dos profesores, Global Project procurará cubrir as clases cun profesor substituto.
 
 
TARIFAS E HORARIOS
 
PREPARACIÓN DE CAMBRIDGE
 
Cota: 38 €/mes (socios) 47 €/mes (non socios)
Horario: venres de 16.30 h a 18.30 h
 
 
Máis información:  FANPA: 986 843 412 ou Global Project: 986 220 670
 
**A folla de inscrición pódese descargar en www.nontedurmas.org e entregarase na FANPA ou no correo actividades@nonteurmas.