Obradoiros_Ciencia_en_Familia_2015_1_.jpg

Pontenciencia 2015

O Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, a través dunha subvención concedida pola Fundación española para la ciencia y la tecnología, realizan Pontenciencia 2015: II Feira da Miniciencia cuxo obxectivo principal é a realización dunha feira da ciencia dirixida a escolares de educación primaria. Unha das categorías de participación da Feira, a realizar o 29 e 30 de maio de 2015,é Ciencia en familia, na que os nenos/as de primeiro a sexto de primaria que o desexen,xunto cos seus familiares – pais, nais, titores/as, avós, avoas,…- poderán presentar os seus proxectos en stands da feira e tamén participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia. As bases de participación no concurso recollerán as características valoradas, tales como a orixinalidade do proxecto, metodoloxía realizada, presentación de resultados,etc. Entregaranse diplomas de participación a todos os participantes e cheques regaloen equipación escolar: roupa, librería,… para os proxectos seleccionados polo xurado Obradoiros_Ciencia_en_Familia_2015_1_.jpg Obradoiros ciencia en familia Carta ANPA