Ponte a conducir
Cambios horarios en Ponte a conducir
Todos os alumnos/as de primaria terán que estar ás 10.00 e os e infantil de 11.30 a 12.30
Todos os alumnos/as de primaria terán que estar ás 10.00 e os e infantil de 11.30 a 12.30

Informámosvos que a xornada de educación viaria "PONTE A CONDUCIR" que foi aprazada polo mal tempo no mes de maio, levarase a cabo o sábado 21 de xuño no mesmo horario no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Pontevedra.Será unha aula práctica de educación viaria, haberá peóns, conductores de bicicletas e karts, así que a aventura está asegurada.
As/os alumnos de Educación Infantil terán que levar o eu medio de transporte (bicis, motos, triciclos. etc…) e tamén participarán coma peóns.
Durante todo o día realizarase unha exposición de vehículos e medios de transporte da Policía Local de Pontevedra e da Garda Civil de Tráfico no aparcadoiro ao pé do parque de tráfico.
Será a propia FANPA a que recolla as inscricións no correo electrónico info@nontedurmas.org e é preciso que nos fagan constar:
Nome da/o nena/o
Idade
Teléfono de contacto
Enderezo de correo electrónico
O prazo rematará o vindeiro mércores 18 de xuño.
Esperamos que vos animedes a participar!!!!
Debe estar conectado para enviar un comentario.