Obradoiros familiares do Concello de Pontevedra

Estes 5 obradoiros son unha proposta da Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra. Os obradoiros realizaranse nos centros educativos interesados nos días e horas que mellor lle conveñan ás persoas participantes, que tamén decidirán a temática a abordar.

Necesítase acadar un grupo suficiente para concretalo, de maneira que é imprescindible enviar unha comunicación manifestando interese no correo pgonzalez@pontevedra.eu ou chamar ao 986804300 ext 7452.

Os obradoiros que se realizan en horario de tarde (ata ás 20:30h) contarán cunha ludoteca no centro educativo para facilitar a conciliación familiar (para nenos e nenas maiores de 2 anos). Este servizo hai que solicitalo ao facer á solicitude.

1) Ferramentas de xestión emocional e comportamental na crianza, 2) Técnicas de aprendizaxe, 3) O uso das TICs, 4) Sexualidade e afectividade e 5) Construcción e acompañamento na autoestima.
(cada temática trátase nun obradoiro de 1:30 de duración), impartido por profesionais expertos en educación. 

A Concellería de Benestar ofrece tamén a posibilidade de organizar un obradoiro sobre algún tema diferente destes previstos, se hai motivación e grupo para realizalo.