Obradoiros familiares de prevención de condutas aditivas
Durante o mes de febreiro comezaron os Obradoiros de Prevención de Condutas Adictivas que o Concello de Pontevedra realiza nos institutos da nosa cidade e os Obradoiros de Educación para a Saúde nos centros de primaria. Estes obradoiros intégranse nas accións no ámbito escolar que desenvolve o Plan Municipal de Prevención
de Condutas Adictivas deste concello en colaboración coa Consellería de Sanidade e que se desenvolverán ata o mes de xuño.
Complementariamente a este traballo preventivo, e para traballar con toda a comunidade educativa dende unha perspectiva integradora, tamén se programan Obradoiros Familiares.
Os Obradoiros Familiares están pensados como un espazo puntual de reunión para familias, no que se aborda un tema de interese de forma monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de 1:30 de duración), impartidos por profesionais expertos en educación e prevención.
Para cada temática hai dúas opcións de horario para facilitar a asistencia ás persoas interesadas. A inscrición pode facerse a un ou a todos os obradoiros, en función dos intereses.
A modalidade será presencial na Casa Azul (rúa Sor Lucía, 2), na sala Valdecorvos.
Os obradoiros que se realizan en horario (17:00h a 18:30h) contarán cunha ludoteca no mesmo edificio (Casa Azul) para facilitar a conciliación familiar (para nenos e nenas maiores de 2 anos). Este servizo hai que solicitalo ao facer a inscrición. Tamén é preciso indicar a idade dos menores para adaptar a temática do obradoiro á idade dos fillos e fillas
das persoas participantes.
Os obradoiros son os seguintes:
Obradoiro 1. “Familias dixitais. O novo mundo virtual”. A diferenza entre adicción con substancia e comportamental, a diferenza entre uso e abuso nas TIC, a dificultade para deixar liberdade en redes, e as relacións a través das TIC. Información ou contido falso ou perigoso. Como coñecer o contido que se consume. Os xogos, apps, apostas, inversións e estafas.
• Xoves 13 de abril de 17:00h a 18:30h (con servizo de ludoteca)
• Xoves 13 de abril de 19:00h a 20:30h
(elixir unha data)
Obradoiro 2. “Fortalecendo familias: Prevención do consumo de drogas”. Como afecta o consumo na familia, os factores de risco e protección, os riscos do alcohol e tabaco, os primeiros contactos con outras drogas (como detectalos) e como educar noutras formas de ocio.
• Xoves 20 de abril de 17:00h a 18:30h (con servizo de ludoteca)
• Xoves 20 de abril de 19:00h a 20:30h
(elixir unha data)
Obradoiro 3. “Falando de sexualidade en familia”. Orientación sexual e diversidade de xéneros, educación sexual e prevención de abusos.
• Xoves 27 de abril de 17:00h a 18:30h (con servizo de ludoteca)
• Xoves 27 de abril de 19:00h a 20:30h
(elixir unha data)
Obradoiro 4. “O papel da familia nos hábitos de estudo”. Por que suspenden rapaces e rapazas que si se interesan polo estudo, organización do tempo de estudo, Tips, consellos, hábitos e técnicas de estudo
• Xoves 4 de maio de 17:00h a 18:30h (con servizo de ludoteca)
• Xoves 4 de maio de 19:00h a 20:30h
(elixir unha data)
Para a inscrición hai que remitir un correo a planadiccions@pontevedra.eu, indicando:
Nome e apelidos:
Teléfono:
Correo electrónico:
Idade do/s fillos/as:
Obradoiro/s ao que se quere inscribir:
Precisa o servizo de ludoteca?
Data/s elixidas e horario: