Obradoiros de Semana Santa 2024

OBRADOIROS DE SEMANA SANTA  2024

Datas, horario e lugar de realización: 25,26, 27 de marzo e 1 de abril na sede de FANPA (R/Xan Guillermo 9).

Figuras de pascua en madeira de 11:00 a 12:00 h. De 5 a 12 anos

Cociña de pascua de 12:15 a 13:30 h. De 5 a 12 anos

Prezo: 3,5 euros por neno,obradoiro e día para socios de ANPA federada na FANPA. 6 euros para os demais casos.

Inscricións: nas oficinas de FANPA ata o día 16 de marzo.  Horario de 9 a 15 horas. Pago en efectivo ou mediante tarxeta bancaria.

OBRADOIRO DE FIGURAS DE MADEIRA PARA PASCUA

Luns 25 de marzo: Coello de pascua.
Decoraremos os nosos coellos de pascua de madeira , cada rapaz/a poderá facer o seu propio deseño. Poderán converterse en colgantes ou incluso en chaveiros.

Martes 26 de marzo: Ovos de Pascua.
Decoraremos os nosos ovos de pascua de madeira con rotuladores ou pintura acrílica, cada rapaz/a poderá facer o seu propio deseño.

Mércores 27 de marzo: Pitiños de Pascua.
Decoraremos os nosos poliños de pascua de madeira con rotuladores ou pintura acrílica, cada rapaz/a poderá facer o seu propio deseño. Poderán converterse en colgantes ou incluso en chaveiros.

Luns 1 de abril: Cenorias de Pascua.
Decoraremos as nosas cenorias de pascua de madeira con rotuladores ou pintura acrílica, cada rapaz/a poderá facer o seu propio deseño.

OBRADOIROS COCIÑA DE PASCUA:

Luns 25 de marzo: Galletas de coello de pascua.
Esta é unha receita que encantará aos noso cociñeiros e cociñeiras. Faremos unhas deliciosas galletas con diferentes formas de coello de Pascua que é unha figura indispensable durante estas datas. Ademais decoraremos con auténticos rotuladores de resposteiros/as, rotuladores comestibles e con sabor a chocolate.

Martes 26 de marzo: Ovos de chocolate con xema de mango.
Uns dos doces máis tradicionais durante estas datas tan especiais son os ovos de chocolate. Nesta ocasión faremos unha receita de chefs con estrela Michelín. Ovos poché con queixo e mango que simularán un ovo de verdade dentro dun auténtico ovo de chocolate! Non pode ter mellor pinta e de seguro que estarán para chupar os dedos.

Mércores 27 de marzo: Pitiño de Pascua.
Neste obradoiro faremos unhas ricas galletas que decoraremos con forma de pitiños de Pascua.
Decoraremos como verdadeirxs chefs!

Luns 1 de abril: Rosca de pascua con ovos tinguidos Para recibir esta época do ano, non hai mellor receita que esta rosca de Pascua que decoraremos con ovos tinguidos das cores que máis non gusten. Realizarán coas súas mans unha receita por día. Serán elaboracións típicas da época.