Obradoiros de Prevención de condutas aditivas
Durante o mes de xaneiro comezaron os Obradoiros de Prevención de condutas aditivas que o Concello de Pontevedra realiza nos institutos da nosa cidade e os Obradoiros de educación en valores nos centros de primaria. Estes obradoiros intégranse nas accións no ámbito escolar que desenvolve o Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas deste concello en colaboración coa Consellería de Sanidade e que se desenvolverán ata o mes de xuño.
Complementariamente a este traballo preventivo, e para traballar con toda a comunidade educativa dende unha perspectiva integradora, tamén se programan Obradoiros Familiares.
Os Obradoiros Familiares están pensados como un espazo puntual de reunión para familias, no que se aborda un tema de interese de forma monográfica e intensiva (cada temática trátase nun obradoiro de 1:30 de duración), impartidos por profesionais expertos en educación e prevención.
Para cada temática hai tres opcións de horario para facilitar a asistencia ás persoas interesadas. A inscrición pode facerse a un ou a todos os obradoiros, en función dos intereses.
A modalidade será mixta (presencial e on line). De forma presencial será na Casa Azul (rúa Sor Lucía, 2) e se a inscrición é on line, facilitarase o enlace ao obradoiro.
Os obradoiros que se realizan en horario de tarde contarán cunha ludoteca no mesmo edificio (Casa Azul) para facilitar a conciliación familiar (para nenos e nenas maiores de 2 anos). Este servizo hai que solicitalo ao facer a inscrición. Tamén é preciso indicar a idade dos menores para adaptar a temática do obradoiro á idade dos fillos e fillas das persoas participantes.
Os obradoiros son os seguintes:
Obradoiro 1. “Familias dixitais
I. Aprendendo conceptos. A diferenza entre adicción
con substancia e comportamental, a diferenza entre uso e abuso nas TIC, a dificultade para deixar liberdade en redes, e as relacións a través das TIC.
• Luns 28 de marzo de 12:00h a 13:30h
• Luns 28 de marzo de 16:30h a 18:00
• Mércores 30 de marzo de 18:00h a 19:30h
(elixir unha data)
Obradoiro 2. “Familias dixitais II.
O novo mundo virtual”. Información ou contido falso ou perigoso. Como coñecer o contido que se consume. Os xogos, apps, apostas,
inversións e estafas.
• Luns 4 de abril de 12:00h a 13:30h
• Luns 4 de abril de 16:30h a 18:00h
• Mércores 6 de abril 18:00h a 19:30h
(elixir unha data)
Obradoiro 3. “Fortalecendo familias: Prevención do consumo de drogas”.
Como afecta o consumo na familia, os factores de risco e protección, os riscos do alcohol e tabaco, os primeiros contactos con outras drogas (como detectalos) e como educar noutras formas de ocio.
• Mércores 20 de abril de 18:00h a 19:30h
• Luns 25 de abril de 12:00h a 13:30h
• Luns 25 de abril de 16:30h a 18:00h
(elixir unha data)
Obradoiro 4. “Falando de sexualidade en familia”.
Orientación sexual e diversidade de
xéneros, educación sexual, prevención de abusos.
• Mércores 27 de abril de 18:00 a 19:30h
• Luns 2 de maio de 12:00 a 13:30h
• Luns 2 de maio de 16:30 a 18:00
(elixir unha data)
Obradoiro 5. “O papel da familia nos hábitos de estudo”.
Por que suspenden rapaces
e rapazas que si se interesan polo estudo, organización do tempo de estudo, Tips, consellos e hábitos e técnicas de estudo
• Mércores 4 de maio de 18:00 a 19:30h
• Luns 9 de maio de 12:00 a 13:30h
• Luns 9 de maio de 16:30 a 18:00
(elixir unha data)
Tamén se programará, no mes de maio, unha sesión onde se abordarán os Aspectos legais relacionados coas TIC, impartira por un membro dos Corpos e Forzas de Seguridade experto en Ciberdelincuencia (as datas están aínda por concretar).
Para a inscrición hai que remitir un correo a planadiccions@pontevedra.eu, indicando:
Nome e apelidos:
Teléfono:
Correo electrónico:
Idade do/s fillos/as:
Obradoiro/s ao que se quere inscribir:
Modalidade (presencial ou on line). Se é presencial indicar se precisa o servizo de
ludoteca.
Data/s elixidas: