O Centro de Formación do Profesorado de Pontevedra abre “A educación a debate” a familias e profesorado
Esta actividade é conxunta para familias e profesorado. O formato a desenvolver será sempre con un experto que trate o tema, acompañado en mesa redonda por diferentes membros da comunidade educaciva (pais/nais, profesores, representantes de ANPA…).
Consta de seis sesións de dúas horas cada unha, que se desenvolverán ao longo de todo o curso onde se abordaran diferentes temáticas:
1. Os deberes escolares
2. O alumnado como nativos e nativas dixitais?
3. Violencia ou convivencia?
4. A educación emocional
5. Ciberseguranza no contorno educativo
6. Igualdade e mocidade
A primeira delas celebrarase o vindeiro martes, 28 de novembro e incidirá sobre os deberes escolares, en horario de 19:00 a 21:00 no salón de actos do IES Xunqueira II. (Localización: https://goo.gl/maps/gEQMrfbmRU42)
O resto de datas aínda están pendentes de confirmar, pero avisaremos puntualmente cando teñamos máis información.
Contacto para consultas: https://www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra/748