Programa de TDAH curso 2013/14

O concello de Marín en colaboración con FANPA Pontevedra súmase ao Programa TDAH destinado a nenos e nenas con déficit de atención e hiperactividade de Pontevedra. O programa que se está levando a cabo dende novembro de 2012 nas instalacións da finca de Briz, ten por obxectivo apoiar ás familias e ao entorno educativo dos rapaces e rapazas englobados dentro deste trastorno; incluíndo a intervención terapéutica cos nenos e nenas e formación ás familias.

Acolle a nenos e nenas desde 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria e aos seus pais, nais ou titores/as. A selección realízase por medio dunha entrevista coa familia e unha sesión avaliativa con cada neno/a, en función dos resultados da mesma e da dispoñibilidade de prazas valorase a incorporación ao Programa.

A intervención terapéutica levase a cabo dende dúas liñas de traballo:

  • Psicomotriz, na que presentamos ao neno/a “outro tipo de escoita” dos seus síntomas a través da linguaxe corporal e oral, mediante xogos e exercicios psicomotrices cos que poderá sentir os seus limites, tensións, dificultades e capacidades, derivando a súa agresividade e controlando a impulsividade a través do movemento e a acción compartida.

 

  • Cognitiva, na que utilizaremos estratexias encamiñadas a paliar os déficits cognitivos relacionados coa toma de decisións entre alternativas, toma de perspectiva social, autoestima, amplitude de estratexias de solución de problemas, percepción de emocións ,…

 

Formación ás familias facilitándolles información actual sobre o TDAH para poder comprender aos seus fillos/as con este trastorno así como proporcionándolles estratexias e ferramentas precisas que favorezan a comunicación positiva e a creación dun clima familiar adecuado que posibilite unha melloría do autoconcepto e da autoestima de tódolos membros/as da familia, en especial do neno/a con TDAH

Para recibir mais información sobre o PROGRAMA TDAH en Marín poden facelo chamando aos teléfonos: 986 864 598 / 615 780 528.

Ficha de inscrición