Prezo do servizo de comedor en Marín
Curso 2020-21
Actualización 15/10/2020
COMEDOR | |||
---|---|---|---|
Por semana | Sen subvención (custo do servizo) | Con subvención (recibo do usuario) | |
5 días/sem | – | 95,99 /mes | 85,99 /mes |
4 días/sem | – | 76,79 /mes | 68,79 /mes |
3 días/sem | – | 57,60 /mes | 51,60 /mes |
2 días/sem | – | 38,40 /mes | 34,40 /mes |
1 día/sem | – | 19,20 /día | 17,20 /día |
Esporádicos | – | 6,60 /día | 6,60 /día |
por mes e IVE incluído: Comedores en Marín 2020-2021
Descontos por
Segundo irmán (sendo ambos usuarios): 5% no servizo do máis novo
Familia numerosa (sen mínimo 3 usuarios): 10% no servizo de cada un
Modalidades de contratación:
(1) Fixo: Servizo días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada ao lado, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
(2) Calendario de días ou Turno laboral: Servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
(3) Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.
(4) COVID-19: Os prezos poderán sufrir alteracións unha vez se dean a coñecer as medidas definitivas implantadas polas autoridades para a prevención de contaxios do COVID-19.
Saída
O horario de saída do comedor de Marín é
– de 15.30 a 16.00 horas para os centros que saen ás 14.00 h
– de 16.00 a 16.30 horas para os centros que saen ás 14.30 h