Ludoverán 2019

Información Programa de ludotecas de verán que xestiona a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra.

Períodos de realización

  • Ludotecas semanais de xuño de setembro só en Campolongo. Do 24 ao 28 de xuño e do 2 ao 6 de setembro
  • Ludotecas quincenais de xullo e agosto en todos os centros (menos na infantil do Crespo Rivas e Xunqueira 2, limitadas ao mes de xullo)
  • Ludotecas mensuais de xullo e agosto en todos os centros (menos en Xeve e na Carballeira, limitadas ao mes de xullo)

Horario

A actividade das ludotecas cobre de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas, con horario ampliado de recollida a partir das 8.30 h e ata as 14.30 horas, sen custo engadido.

Servizo complementario

  • Madruga, de 7,30 h ata as 9.00 horas (tamén uso esporádico)
  • Comedor, de 14.00 h ata as 16.00 horas (tamén uso esporádico)
    • Nota importante:

Estes servizos dependen de que se dispoña en cada centro e quenda dos asistentes mínimos que a empresa (Arume) estableza. O custo destes servizos complementarios deben aboarse á parte das ludotecas e ingresarase directamente na conta da empresa. O detalle dos seus prezos están na folla informativa.

Prezos (por cada asistente)

  • Centros públicos e Socios              25€ semana / 40€ quincena / 50€ mes
  • Centros públicos non socios          35€              / 53€                / 58€
  • Centros privados/concertados       50€              / 68€                / 73€
    • As familias que inscriban 2 ou máis irmáns nas ludotecas terán un desconto de 5€ por cada un dos inscritos e períodos.

 

Folleto informativo (actualizado o 13 de maio)

 

Ficha de inscrición

Descargar en PDF

Inscrición e pago das ludotecas

O período de inscrición comeza o 27 de maio ata o 31 de maio (de 9.00 a 14.00 horas) tanto para a inscrición presencial na sede da FANPA coma no proceso telemático. O pagamento farase ou acreditarase no momento da inscrición.

A FANPA proporcionará coma en anos anteriores un formulario en liña que permitirá completar o proceso de recollida da solicitude e pagamento con tarxeta de crédito/débido por vía telemática. No caso de preferir o pagamento mediante transferencia bancaria deberá acompañarse a solicitude do xustificante de ter realizada a transferencia (por tanto, debe facerse antes o pagamento que o proceso de solicitude):

Número de conta para o pagamento mediante transferencia bancaria:  ES75 2080 5403 4130 4012 0558

Concepto: (nome do neno, centro da ludoteca e quenda solicitada; por exemplo: Álvaro Solla Portela, Xunqueira2, 2ª xullo)

Documentación necesaria

  • Ficha ou formulario completo e correctamente cuberto
  • Copia DNI de nai/pai/titor
  • Copia da Tarxeta sanitaria do menor
  • Volante de empadroamento actual (recoméndase solicitalo con tempo para evitar aglomeracións)
  • Xustificante de pagamento (menos para os que fagan pago con tarxeta)
  • Acreditación de socio de ANPA federada
  • (socios non) Acreditación do centro de estudos do menor
  • Vida laboral ou cabeceira de nómina co fin de acreditar a situación laboral activa.

Nota. NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES CON DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA. NON SE ACEPTARÁ DOCUMENTACIÓN TRAS ENTREGAR A SOLICITUDE DE MATRÍCULA

Prazos previstos de formalización da praza

  • 7 de xuño Publicación provisional de listas no web
  • 10 de xuño a 11 de xuño Baixas e reclamacións
  • 12 de xuño Publicación definitiva de admitidos e servizos complementarios
  • 20 de xuño Reunión informativa  sobre o funcionamento das ludotecas a cargo das empresas responsables.

Localizacións no mapa dos centros educativos das ludotecas (Pendente de concreción definitiva, pode haber modificacións)

Nota: Todas as ludotecas están supeditadas a que haxa un número mínimo de asistentes. A FANPA pode reducir algunha quenda ou ludoteca; a FANPA fornecerá nese caso alternativamente ben outra ludoteca ben a devolución do importe.

Cronogramas

Inglés (Álvarez Limeses)

Descargar PDF

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas_ingles_2019.pdf”]

Xerais

Descargar Cabanas

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Cabanas.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Cabanas”]

Descargar Campolongo

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Campolongo.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Campolongo”]

Descargar A Carballeira

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Carballeira.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Carballeira”]

Descargar Crespo Rivas

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Crespo-Rivas.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Crespo Rivas”]

Descargar Marcos da Portela

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Marcos-da-Portela.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Marcos da Portela”]

Descargar Parada-Campañó

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Parada-Campañó.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Parada Campañó”]

Descargar Ponte Sampaio

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Pontesampaio.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Pontesampaio”]

Descargar Vilaverde

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Vilaverde.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Vilaverde”]

Descargar Xeve

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Xeve.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Xeve”]

Deportiva

Descargar en PDF

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/cronogramas-Ludoteca-Xunqueira-2.pdf” title=”cronogramas Ludoteca Xunqueira 2″]

Saídas

 

Menús dos servizos complementarios

http://www.nontedurmas.org/ludoveran/menu-de-comedor-en-xullo-2019/

Para aqueles que o necesiten dispoñemos das Fichas de inscrición nos servizo de comedor e madruga.
Enviar inscricións completas por email a info@arumeservicios.gal ou por fax ao 986 454013 ata o 21/6 para tódalas quendas.:

PDF editable para descargar == Alvarez Limeses | Cabanas | Campolongo | Parada Campañó | Vidal Portela | Xunqueira 2

Normas da ludoteca

Son de obrigado cumprimento

Descargar en PDF

Horario de entrada e saída diario á ludoteca:

horario de entrada desde as 8.30 h ata as 9.30 horas

horario de saída, desde as 13.30 ata as 14.30 horas

 

Teléfonos de contacto

Ludotecas en galego (Anias)  986 864 598 (xeral para todas)

Ludoteca deportiva (Anias) 649 346 457

Ludoteca en inglés (The Outback Languages): coordinadora Mónica 673 438597

 

Preguntas frecuentes

O prazo de solicitudes abre o día 27 de maio a partir das 9.00 da mañá, é importante reservar canto antes? Non, as solicitudes non se consideran por orde de chegada para o Ludoverán, pódese facer con toda tranquilidade ao longo da semana. Presencialmente de 9 a 2 e telematicamente está aberto as 24 horas a partir do 27.

Pódese solicitar varios períodos (varias quincenas ou os dous meses)? Si

Se o meu fillo está nun centro concertado, teño que presentar un documento que acredite en que centro? Non, iso só é para centros públicos.

O menor está empadroado noutro concello pero estará en Pontevedra de vacacións, podo solicitar? Si; que poida entrar ou non dependerá do número de solicitudes que haxa concretamente na ludoteca do centro solicitada.

Quero presentar a documentación presencialmente, podo pagar con tarxeta? Si, no horario previsto, na sede da FANPA haberá un servizo de pagamento con tarxeta de crédito. Recoméndase utilizar unha tarxeta que xa se teña utilizado sen problemas para pagos on line.

Para os que escollen o método de pago por transferencia, deben calcular por si mesmos o importe total. Cando se solicita ludoteca para dous ou máis irmáns, hai un desconto de 5 euros. Este desconto aplícase por cada período solicitado: no caso de solicitar dúas quincenas, suporía un desconto de 10 € por asistente. Na solicitude débese facer constar o nome do outro irmán

 

Formulario de inscrición (PECHADO)

Inscrición en liña