Lista de admitidos á ludoteca de Nadal
Como en edicións anteriores, publicamos a nota de confirmación sobre as ludotecas do Nadal.
Informámosvos de que todas as solicitudes teñen praza nas ludotecas da primeira elección, por esta razón cremos innecesario publicar os nomes dos nenos admitidos en cada unha.
A reunión informativa sobre a ludotecas terá lugar na sede de FANPA o vindeiro mércores, día 19 de decembro, ás 20.00 horas.