Información para nais e pais sobre o Conciliaverán 2021

A seguinte gravación, realizada por Anias, empresa adxudicataria do programa Conciliaverán 2021 da FANPA está dirixida aos inscritos no programa de ludotecas de verán “Conciliaverán 2021” en calquera dos centros e períodos da súa realización. A duración da gravación é de pouco máis de 5 minutos.

Debido a que non se considera conveniente facer a tradicional reunión presencial de presentación e explicación do funcionamento diario do Conciliaverán 2021, publicamos unha gravación para tentar resolver dúbidas.

Cremos que resulta máis accesible para todos realizar esta comunicación só con son.

Temas tratados por orde:
– Medidas hixiénico-sanitarias (0’43”)
– Organización dos grupos de nenos (2’17”)
– Organización dos espazos (3’23”)
– Programación de actividades (4’22”)