Ficha de inscrición nos obradoiros Fanpa Nadal 2017-2018
Para os obradoiros de Jumping Clay e Cociñando en Nadal. Débese cubrir e entregar persoalmente a ficha na sede da FANPA (r/Xan Guillerme, 9) , onde se fará o pagamento en efectivo. (ficha descargable ao final da nova)
Programa dos obradoiros
Cociñando en Nadal
Trátase de actividades lúdico-recreativas para os días de vacacións do Nadal, un programa de 8 sesións de cociña divertida con neno e nenas de idades entre os 6 a 14 anos onde desenvolveremos receitas navideñas que poderán repetir nas súas casas.
Ao mesmo tempo traballaremos pautas de hixiene básicas na cociña, aprenderemos a traballar en equipo. Tamén potenciaremos a creatividade dos participantes, utilizaremos diferentes medidas para obter a cantidade xusta dos ingredientes que se utilizarán.
Os participantes serán parte activa xa que realizarán eles mesmos os labores de cortar, pesar, partir, etc.
Cada receita farase de forma independente, é dicir que cada día e para cada obradoiro os neno e
nenas levarán a receita completa para a súa posterior degustación.
En cada sesión proporcionaráselles a receita.
– Día 22 decembro 2017: Galletas de mantequilla decoradas con “lacasitos”
– Día 26 decembro 2017: Biscosandwich de chocolate (con elaboración de masa biscoito de iogur)
– Día 27 decembro 2017: Boliñs de coco ao forno – Delicatessen de nubes con cobertura de améndoas e fideos de cores.
– Día 28 decembro 2017: Galletas de xenxibre
– Día 29 decembro 2017: Rocas de chocolate con millo e améndoas.
– Día 2 xaneiro 2018: Cupcakes con fundente
– Día 3 xaneiro 2018: Gofres con chocolate á taza
– Día 4 xaneiro 2018: Pizzas navideñas
– Día 5 xanero 2018: Cake pops (con queixo fresco e madalenas)
Pódese asistir a todos a calquera dos días.
Nota: É moi conveniente que os nenos veñan cun mandil ou protección contra as manchas inevitables na roupa.
Jumping Clay
Trátase de traballar coas mans esta arxila moldeable para facer adornos de Nadal onde os rapaces poderán poñer a proba a súa habilidade manual.
Prezo: 3,5€ para socios /6€ para non socios por cadanseu día. Son independentes.
Datas: 22, 26, 27, 28, 29 de decembro e 2, 3, 4, 5 de xaneiro
Horario:
- Jumping Clay de 10.30 a 12.00
- Cociñando de 12.15 a 13.45
Debe estar conectado para enviar un comentario.