Eureka, PAE e Ábaco

Programas anuais. Todos eles comezan en outubro

PAE 2021 – 2022

O Programa PAE é un Programa de Apoio Específico dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria que presenta necesidades derivadas do diagnóstico de diferentes trastornos como poden ser  o Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH),Trastorno de Espectro Autista (TEA), Trastornos de Aprendizaxe…

Sendo conscientes das necesidades dos/as escolares que presentan estes trastornos tomouse a iniciativa de crear este Programa para promover actuacións e intervencións que permitan unha resposta adaptada ás necesidades de cada participante.

Ditas actuacións están dirixidas tanto á intervención educativa con estes alumnos e  alumnas como ao asesoramento e orientación das familias, mantendo sempre a comunicación e a colaboración cos centros escolares aos que pertence cada participante.

  • Intervención terapéutica en grupo co neno/a dende dúas liñas de traballo:
  •  Atención  Cognitiva  (unha sesión á semana)
  •  Atención  Psicomotriz (unha sesión á semana)
  • Formación dirixida ás familias, onde as profesionais que interveñen cos nenos/asfacilitan ás familias información actualizada, estratexias e ferramentas precisas que permiten favorecer unha comunicación positiva que posibilite unha melloría do  autoconcepto e  da autoestima de tódolos membros/as da familia, en especial do neno/a con NEE. 
  • Colaboración co centro escolar, a través de reunións periódicas das profesionais do Programa co departamento de orientación e o titor/a do neno/a, o que permite tanto facilitar e optimizar o asentamento dos avances alcanzados nas sesións como asesorar ás familias dende unha perspectiva interdisciplinar.
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVEDESTINATARIOSDÍAHORARIO
CEP CAMPOLONGOPrimaria e                SecundariaMércores2 sesións en horario de tarde: A  hora será en función da organización dos grupos.  

Información e contacto

FANPA  Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org

ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es

ÁBACO

É un novo concepto no ámbito da estimulación cognitiva. Chamada ximnasia ou fitness mental utiliza como ferramenta o ábaco e outras actividades complementarias que potencian a  exercitación de diversas capacidades que axudan a:

  • Mellorar a concentración e a atención
  • Estimular a memoria auditiva e visual
  • Desenvolver a destreza do cálculo mental
  • Establecer unha base sólida para o logro académico
  • Aumentar a autoconfianza
  • Estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
  • Fomentar o interese e a motivación de logro.

Facendo ao alumno partícipe directo do seu propio proceso de adestramento para poder aprender o que queira en calquera momento e situación aproveitando ao máximo o  seu potencial intelectual.

CENTRO NO QUE SE DESENVOLVEDESTINATARIOSDÍAHORA
CEP CAMPOLONGOEducación PrimariaXoves  16:30 a 18:00  
CEIP ÁLVAREZ LIMESES Educación PrimariaLuns16:30 a 18:00  
CEIP PRAZA DE BARCELOSEducación PrimariaMércores  16:30 a 18:00  

É unha actividade que potencia a estimulación cognitiva e sensorial a través de  diferentes actividades (xogos, cancións, exercicios e actividades co ábaco  fundamentalmente), que facilitan:

  • A estimulación do xogo ordenado e preciso co ábaco escolar para adestrar a  atención e promover a creatividade.
  • A estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
  • O fomento do interese e a motivación de logro
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVEDESTINATARIOSDÍAHORA
CEIP BARCELOSE. infantilVenres16:30 a 17:30

Información e contacto:

FANPA  Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org

ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es

Programa de enriquecemento para o alumnado con altas capacidades.

O Programa EUREKA, que parte da atención ás Intelixencias Múltiples, ten coma finalidade atender ás necesidades educativas e psicosociais do alumnado con altas capacidades.

Consideramos que o motor da aprendizaxe debe partir da implicación dos rapaces e das rapazas e, para que esta implicación sexa real e significativa, entendemos que se lles debe proporcionar un espazo libre e enriquecedor que permita: a toma de decisións flexible, a superación de retos, a investigación, a adquisición de habilidades e a resposta a necesidades individuais e grupais.

Tendo en conta isto e as posibilidades das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, partiremos do seu aproveitamento para a construción dun espazo de comunicación fluída no que elaborar un proxecto común.

Deste xeito, os aspectos xenéricos que imos traballar serán:

  • Cooperación e traballo en equipo: transmitir que sumando esforzos chegamos máis lonxe, que as dinámicas que se xeran nun equipo contribúen tamén ao desenvolvemento individual.
  • Autoestima: Traballar a auto estima como maneira de aprender a xestionar os fracasos e os éxitos na vida.
  • Auto descubrimento: traballar na idea de que o alumnado debe procesar as experiencias, vivilas, e aprender a xestionalas de maneira cada vez máis autónoma.
  • Creatividade: favorecer que o alumnado dispoña de recursos e ferramentas para que integre unha visión creativa no desenvolvemento dos traballos e as actividades en xeral.
  • Pensamento diverxente: aprender que moitas veces hai máis dunha solución aos problemas. Romper co esquema “problema A – solución B” para entrar nunha dinámica de busca de múltiples solucións alternativas. 
  • Pensamento crítico: reforzar a capacidade de cuestionar de xeito razoado e argumentado aquilo establecido socialmente.  
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVEDESTINATARIOSDÍAHORA (pendiente de determinar)
CEIP PRAZA DE BARCELOSPrimaria                Secundaria e BacharelatoVenres16:30 a 18:00 / 18:15 a 19:45

Información e contacto:

FANPA  Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org

ANIAS: r/ Echegaray 39 baixo, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es