Solicitude de participación no programa “Campamentos A Lanzada”
O vindeiro día 2 de marzo ábrese o prazo de solicitudes na Deputación Provincial de Pontevedra para participar no programa de campamentos da Lanzada. 1.540 prazas.
Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:
- Nacer entre os anos 2013 e 2018 (ambos os dous incluídos).
- Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra.
- Non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa.
Poderán participar menores en situación de tutela e garda por parte da Administración e aqueles que se atopen tanto en réxime de acollemento residencial como en atención de día nalgún centro da provincia de Pontevedra.
Os campamentos terán lugar entre o 21 de xuño e o 5 de setembro de 2025. Realizaranse once quendas, de sete días de duración cada unha (de domingo a sábado), nas seguintes datas:
- Primeira quenda: do 21 ao 27 de xuño
- Segunda quenda: do 28 de xuño ao 4 de xullo
- Terceira quenda: do 5 ao 11 de xullo
- Cuarta quenda: do 12 ao 18 de xullo
- Quinta quenda: do 19 ao 25 de xullo
- Sexta quenda: do 26 de xullo ao 1 de agosto
- Sétima quenda: do 2 ao 8 de agosto
- Oitava quenda: do 9 ao 15 de agosto
- Novena quenda: do 16 ao 22 de agosto
- Décima quenda: do 23 ao 29 de agosto
- Décimo primeira quenda: do 30 de agosto ao 5 de setembro
Orixe: 613350 Solicitude de participación no programa “Campamentos A Lanzada”
Comentarios0