Conta comigo 2026

Programa de lecer en familia que FANPA Pontevedra organiza en colaboración co Concello de Pontevedra

É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias do Concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar, compartindo xuntos experiencias e diversión. Os menores deben ir acompañados por un adulto. Máximo 5 persoas por familia.

PREZOS POR FAMILIA E ACTIVIDADE (as 6 sesións): Socios de ANPA federada na FANPA : 25 euros. Non socios de ANPA federada na FANPA. 35 euros. Privados, concertados e demáis casos: 55 euros.

O pago será efectivo ou mediante tarxeta bancaria no momento da inscrición na oficina da FANPA. Non se contempla a devolución da contía salvo causa xustificada documentalmente. De 9 a 15:00 horas.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 3 de marzo ao 23 de marzo.

DOCUMENTACIÓN: ficha cuberta, documento que acredite ser socio de ANPA federada na FANPA.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Como as prazas son limitadas será por orde de inscrición. De non acadarse o número mínimo de persoas para facer a actividade a FANPA devolverá o importe pagado.

ACTIVIDADEIDADEDIAS/HORARIOESPAZO
Ioga+ 3Venres 10,17 e 24 de abril e 8,15 e 22 de maio. De 17:30 a 18:30 hCEIP Álvarez Limeses
Decoración de galletas+ 3Venres 10,17 e 24 de abril e 8,15 e 22 de maio. De 18 a 19:30 h.Local da FANPA
Cerámica con forno+ 5Venres 10,17 e 24 de abril e 8,15 e 22 de maio. De 17 a 18:30 h.Casa azul
Música para bebésDe 0 a 4Venres 10,17 e 24 de abril e 8,15 e 22 de maio. De 17 a 18 h.Local da FANPA
Xogos tradicionais+ 3Venres 10,17 e 24 de abril e 8,15 e 22 de maio. De 17 a 18:30 h.CEIP Praza de Barcelos
Cociña italiana+ 3Sábados 11,18 e 25 de abril e 9,16 e 23 de maio. De 12 a 13:30 h.Comedor do CEIP Froebel
Puro chocolate+ 3Sábados 11,18 e 25 de abril e 9,16 e 23 de maio. De 12 a 13:30 h.Local da FANPA
Petanca+ 3Sábados 11,18 e 25 de abril e 9,16 e 23 de maio. De 11 a 12:30 h.CEIP Manuel Vidal Portela
Baile galego (iniciación)+ 3Sábados 11,18 e 25 de abril e 9,16 e 23 de maio. De 11 a 12:00 h.Local da FANPA
Xabóns e velas naturais+5Sábados 11,18 e 25 de abril e 9,16 e 23 de maio. De 11 a 12:00 h.Comedor do CEIP Froebel


Comentarios0

Deixa unha resposta